Esta web pode utilizar cookies para mellorar os nosos servizos. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Máis información

I CLINIC DE VOLEIBOL CONCELLO DE DUMBRÍA: MÉTODOS E SISTEMAS PARA A MELLORA DO ADESTRAMENTO DE XOGADOR DE VOLEIBOL

I CLINIC DE VOLEIBOL CONCELLO DE DUMBRÍA: MÉTODOS E SISTEMAS PARA A MELLORA DO ADESTRAMENTO DE XOGADOR DE VOLEIBOL

O Concello, xunto co Volei Dumbría e a Escola Galega de Adestradores organizan o “I Clinic de Voleibol Concello de Dumbría: Métodos e Sistemas para a mellora do adestramento do xogador de voleibol”, coa colaboración da Federación Galega de Voleibol e a Federación Española.

O clinic, que se celebrará durante todo un fin de semana no Complexo Deportivo Municipal de O Conco, parte co obxectivo de dotar aos técnicos e adestradores de voleibol das ferramentas de traballo precisas para o desenvolvemento técnico e táctico dos seus equipos.

O evento contará coa presencia de conferenciantes da altura de Hugo Gotuzzo (adestrador do CV Haro Rioja Voley da Superliga Iberdrola), José Ignacio Marcos (que dirige o CV Textil Santanderina da Superliga Masculina), Jorge Barrero Amor (técnico do CV Zalaeta da Superliga 2 Feminina) e Marcos Folgar (árbitro internacional).

A actividade está dirixida tanto a adestradores, xogadores ou árbitros de voleibol, como licenciados e diplomados en Educación Física, alumnos de INEF e de Facultades de Ciencias da Educación, psicólogos, directivos ou persoas vinculadas co noso deporte.

A inscrición ten un custe de 40 euros de forma individual, cun desconto de para clubes que aporten tres ou máis asistentes, que pagarán 25 euros por persoa. Ademáis os 50 primeiros inscritos a este clinic terán a posibilidade de acceder a aloxamento gratuito durante a súa celebración.

A Federación Galega de Voleibol expedirá certificados de asistencia a aquelas persoas que acrediten unha asistencia mínima do 80 % das horas lectivas.